32
O sinistro produciuse cando o mozo se atopaba preto da cinta transportadora e as primeiras hipóteses apuntan a que puido quedar atrapado pola cinta. En poucos, segundos quedou cuberto pola area e pedras e os servizos sanitarios trasladados ata o lugar non puideron facer nada por salvarlle a vida. O falecido levaba dez anos traballando nesa canteira da parroquia de Vilarín de Arriba. Os bombeiros de Sarria e Protección Civil da Fonsagrada tardaron arredor de cinco horas en poder rescatar o cadáver do mozo, que estaba sepultado por toneladas de area e pedras.