Morre un mozo tras tocar o veleiro en que navegaba un cable de alta en Ribadeo


Un mozo faleceu este domingo no hospital de Jarrio, no municipio asturiano de Coaña, ao que foi trasladado polos servizos de emerxencias 112 de Asturias despois de realizarlle unha prolongada reanimación tras sufrir unha descarga eléctrica ao impactar cun cable de alta tensión o mastro da embarcación na que navegaba na entrada do Río Grande. A vítima, que navegaba en compañía de varios amigos de Ribadeo, foi rescatado da auga por unha embarcación privada e trasladado ao porto de Castropol, o máis próximo ao lugar do suceso, onde foi atendido por efectivos da UVI móbil de Jarrio. Posteriormente, o mozo, en estado moi grave, foi trasladado en ambulancia ao Hospital de Jarrio, onde faleceu.