O tráxico suceso producíase na tarde deste sábado na parroquia de Ardaña. Xoel, que así se chamaba o neno, gozaba dunha xornada de festa na casa dun familiar cando de súpeto se sentía indisposto. Persoas próximas con coñecemento de reanimación, así como persoal sanitario máis tarde, trataron sen éxito durante varios minutos practicarlle primeiros auxilios, pero nada foi posible para poder salvarlle a vida ao neno, que esta mesma semana cumpriría tres anos. A autopsia será a que determine as causas exactas da súa morte, pero todas as hipoteses sinalan a un posible atragoamento cunha gominola. Os restos mortais de Xoel están a ser velados na sala 2 do tanatorio do grupo Santa Marta-Virxe Milagrosa en Bértoa, parroquia na que residía e na que este luns recibirá sepultura a partir das cinco da tarde.