Un neno de dous anos faleceu na tarde deste xoves no interior dun vehículo que estaba nun aparcadoiro de terra do lugar da Relva, na parroquia de Torneiros, no Concello do Porriño. Segundo fontes da investigación, a nai levaba o neno á gardería antes de ir traballar. Pero esqueceuse de levalo á escola infantil e foi directamente ao seu lugar de traballo. O rapaz quedou no interior do coche, posiblemente durmido. A primeira hora da tarde, o pai foi buscar o cativo á gardería e foi entón cando lle dixeron que o neno non fora ese día. Ao rapaz localizárono enseguida no interior do coche da nai, no aparcadoiro da empresa na que traballa. Ata o lugar desprazouse a policía local e os servizos de urxencias sanitarias, pero cando chegaron á zona xa non puideron facer nada por salvarlle a vida. O 112 enviou á zona un equipo de psicólogos para atender a familia.
46