Morre un operario ao caer mentres montaba unha atracción do San Froilán en Lugo

O sinistro ocorreu xunto ao Pavillón Municipal de Deportes. Segundo varios testigos o home, de 35 anos, esvarou e caeu dunha escaleira dende unha altura de varios metros. Os equipos médicos trasladados á zona xa non puideron facer nada por salvarlle a vida. Ata o lugar desprazáronse varias patrullas da Policía Local e da Nacional, unha ambulancia medicalizada e persoal do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha