Morre un piloto do Exército do Aire ao estrelarse o seu avión no Mediterráneo


O sinistro produciuse fronte á costa da Manga do Mar Menor, en Murcia, logo de estrelarse o seu avión no mar. O militar, un instrutor de voo que ía só no aparello no momento do accidente, conseguiu exectarse antes do impacto, pero non conseguiu sobrevivir ao accidente.

O avión é un caza C-101, un dos modelos que utiliza habitualmente a Patrulla Águila, unha unidade de voo acrobático das Forzas Armadas. O C-101 que fabricou a empresa nacional CASA, denominado militarmente E-25 ‘Mirlo’, está dedicado á ensinanza básica avanzada da Academia Xeral do Aire. Polo momento descoñecense as causas do accidente.

Vídeo da caída do avión do Exército.