Morre un traballador de 54 anos nas obras do AVE en San Cibrao das Viñas

112 Galicia

O 112 Galicia recibiu o aviso contra as 10:00 horas deste martes, cando un particular informou de que un operario quedara atrapado por unha peza da maquinaria cando se atopaba nun elevador, e apuntou xa durante a chamada a posibilidade de que estivese falecido.

Acto seguido, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias mobilizou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, aos Bombeiros do Polígono de San Cibrao das Viñas e ao GES do Pereiro de Aguiar.

Unha vez no lugar, os servizos sanitarios confirmaron o falecemento do traballador atrapado de 54 anos de idade. Ademais, outro operario sufriu unha lesión nunha perna.

Os bombeiros tiveron que intervir para liberar o corpo do falecido, que quedara atrapado tras o accidente coa plataforma elevadora. O accidente non afectou á circulación de trens, xa que é unha nova liña.

Related posts

Medio Rural reforza a súa coordinación coa UME na loita contra os incendios forestais

UCIN Galicia propón un plan urxente para reforzar os PAC sen recortes e garantir a sanidade no rural

Falece o condutor dun vehículo tras unha saída de vía en San Cibrao das Viñas