0
Un operario da factoría Navantia, situada no concello de Fene, morreu este sábado ao sufrir un accidente laboral. Segundo a Policía Local, faleceu ao caerlle enriba unha peza metálica. Ocorreu sobre as 13:00 horas e os servizos sanitarios que se desprazaron ata o lugar non puideron facer nada por salvarlle a vida. A empresa, que conta con medios propios para situacións de emerxencia, non requiriu de equipos de excarceración externos.