Morre un traballador e outro queda ferido nun accidente laboral en Campo Lameiro

dpm.

O suceso, segundo confirmou o 112 Galicia, produciuse nunha vivenda unifamiliar situada no lugar de Liñariños.

O falecido é un mozo de 21 anos e o ferido grave ten 49 anos, e ambos, son pai e fillo.

No momento do accidente estaban a traballar sobre o tellado en obras xunto con outros dous operarios e precipitáronse ao chan ao esborrallarse a estrutura.

As urxencias sanitarias do 061 mobilizaron un helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela para evacuar as dúas vítimas, aínda que o mozo faleceu no lugar.

Ao lugar trasladáronse tamén efectivos do GES da Estrada e axentes da Garda Civil, que se fixeron cargo da investigación para aclarar as causas do accidente.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha