Morre un traballador en Narón ao quedar sepultado nunha montaña de serraduras

Un operario faleceu en Narón ao quedar parcialmente sepultado por unha montaña de serraduras. Segundo os datos recollidos no 112 Galicia, o fatal suceso produciuse cando a vítima e un compañeiro estaban a baleirar un camión cargado con serraduras. A situación na que quedou o falecido, semi enterrado baixo a carga, motivou a mobilización dos Bombeiros de Narón para efectuar o rescate. Con todo, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 nada puideron facer para salvarlle a vida. En canto ao compañeiro ferido, unha ambulancia trasladouno ao Hospital Arquitecto Marcide para recibir atención e tratamento despois de respirar o po. Ademais de sanitarios e bombeiros, desde o 112 Galicia, avisouse aos axentes da Policía Local e Nacional e aos voluntarios de Protección Civil de la localidad. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha