Morre un traballador en Ponteceso e outro resulta ferido grave ao caeren dun tellado

1 minutes read

Os dous homes facían o seu traballo cando ocorreu o fatídico accidente. Precipitáronse dende o tellado que arranxaban no lugar de Vilasuso, en Tallo, no concello de Ponteceso.

Así o comunicou o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao 112 Galicia cando, sobre as 18:15 horas, contactaron cos xestores de emerxencias para informar do suceso. Indicaban que unha ambulancia xa se desprazaba cara o punto, sen embargo, nada puideron facer por salvarlle a vida a un dos operarios, que era un albanel autónomo, orixinal da propia parroquia de Tallo. O que resultou ferido grave é o titular da granxa, natural de 40 anos, e foi evacuado de urxencia ao hospital. 

Desde o 112 Galicia nada mais recibir o aviso, puxo os feitos en coñecemento da Garda Civil e dos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.