O persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 solicitaba ao 112 Galicia a colaboración das forzas da orde debido a un accidente laboral que tivo lugar no Camiño de Pedreira, situada na parroquia de Santo André de Comesaña (Vigo). A persoa implicada, un home de 57 anos, precipitouse desde un tellado, a tres metros de altura, e sen medidas de seguridade. A caída provocoulle feridas de consideración. O persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que se desprazou ao lugar a bordo dunha ambulancia, nada puido facer pola súa vida.