Morre un traballador no interior dun barco no porto de Vigo

0 minutes read

Un home de 53 anos perdeu a vida nun accidente laboral en Vigo. A vítima traballaba na reparación dun pesqueiro atracado no peirao da armadora Pereira. As primeiras pescudas apuntan que lle caeu enriba unha porta de gran peso. Ata o lugar trasladouse unha ambulancia de soporte vital avanzado, que xa non puido facer nada por salvarlle a vida. Policía Científica e Inspección de Traballo investigan as circunstancias en que se produciu o falecemento.