Antonio Rodriguez Loureiro, de 69 anos de idade vivía no lugar de O Loureiro, na larachesa parrroquia de Erboedo. Era oriúndo do lugar de Casadelas na carballesa parroquia de Noicela, pero a mediados da década dos 70 casouse cunha veciña de Erboedo a onde se trasladou a vivir xa por aquel entón. Antonio era home de campo, moi coñecido e apreciado na zona, pero o infortunio e a mala sorte cruzáronse no seu camiño na tarde deste luns, cando acudiu a traballar a un monte da súa propiedade non moi lonxe da súa vivenda cun tractor e unha rozadora. Á tardiña e non regresar ao domicilio, a súa familia deu a voz de alarma e botouse ao monte para buscalo, alí acudiu a Policía Local da Laracha e a Garda Civil. Preto das 10 da noite localizaron o seu corpo tendido no monte onde un forense autorizou o seu levantamento e traslado ao CHUAC, onde lle será practicada a autopsia que determinará as causas exactas da súa morte, aínda que todo apunta a que un ataque masivo de velutinas presuntamente acabaron coa súa vida.
50