54
O falecido, Antonio Blanco, é un coñecido empresario da zona, xa que era o propietario dunha carpintería metálica situada na localidade de Forxán, en Foz. Precisamente, o accidente que lle custou a vida produciuse cando trataba de reparar a cuberta da nave da carpintería metálica.
Tras a caída, o home quedou tendido no chan, de onde foi evacuado polos servizos de urxencia que acudiron ao lugar de inmediato, pero nada puideron facer por salvarlle a vida.
Deixa unha viúva, tres fillos e gran pesar na vila, onde era unha persoa moi coñecida e estimada.