O accidente produciuse nunha curva da estrada que une Lourenzá con Cruz da Cancela, nel perdeu a vida un veciño do concello lucense de Foz de 40 anos de idade, que circulaba na súa moto xunto con outros compañeiros. Por razóns que se descoñecen foise da vía á altura do quilómetro 23, o que lle ocasionou a morte. Amigos que circulaban canda el foron os que chamaron o 112 para solicitar asistencia médica urxente. Cando o equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia chegou ao lugar onde ocorreu o sinistro xa non puideron facer nada por salvarlle a vida. Ata o punto tamén se desprazaron os bombeiros de Barreiros e axentes da Garda Civil, que levantaron atestado do accidente. O servizo de mantemento da estrada tivo que limpar a vía.
31