Morre un veciño de Sarria de 64 anos ao chocar coa súa furgoneta contra un camión

112 Galicia

O home perdeu a vida na tarde deste martes ao chocar coa súa furgoneta contra un  camión con remolque. O sinistro produciuse arredor das 17:30 horas no quilómetro 53 da estrada LU-633 en Sarria. Foi o condutor do camióno que alertou os servizos de emerxencia. O ocupante da furgoneta quedara atrapado no interior do seu vehículo. 

O 112 Galicia mobilizou de inmediato o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Sarria, a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local. Os equipos desprazados ata o lugar non puideron evitar o falecemento do ocupante da furgoneta. 

Related posts

Carmela López, elixida nova presidenta da Deputación de Lugo

Dúas persoas falecidas tras unha colisión frontal entre un camión e un turismo en Lugo

UCIN lanza unha denuncia contundente contra a xestión sanitaria en Galicia