Morre un veciño de Viveiro atropelado na A-6 en Begonte

0 minutes read

Un veciño de Viveiro, de 50 anos de idade, faleceu a última hora deste mércores atropelado na A-6, á altura do municipio de Begonte. O atropelo produciuse no carril esquerdo, segundo o sentido correcto da marcha, preto da mediana. O home non levaba chaleco. A Garda Civil de Tráfico abriu unha investigación para aclarar o acontecido, os servizos de emerxencia trasladados ao punto nada poideron facer para salvarlle a vida ao home.