38
Vinte adolescentes e catro monitores realizaban un descenso fluvial en Asturias cando a embarcación de dúas prazas na que ían dúas rapazas envorcou nunha zona de rápidos e rochas. As ocupantes saíron despedidas e só unha delas saíu a flote. O grupo logrou non sen dificultades alertar o 112, que, despois de varias horas de traballo e tras localizar o corpo os mergulladores da Garda Civil, logrou izar o cadáver xa pola noite para trasladalo ao instituo anatómico forense de Oviedo, onde se lle realizará a autopsia. A rapaza de 14 anos que morreu era madrileña e estaba nun campamento de verán na localidade cántabra de Comillas.