Morre unha moza de 23 anos tras chocar un turismo contra un camión en Viveiro

Unha moza de 23 anos de idade morreu este luns en Viveiro nun accidente de circulación no que tamén quedaron feridas de gravidade outras dúas persoas que viaxaban con ela no mesmo coche. O sinistro ocorreu sobre as doce e dez minutos da noite na variante de Viveiro, que coincide coa avenida de Ferrol da localidade. Por causas que aínda se descoñecen, o coche no que viaxaban as tres vítimas saíuse da calzada e acabou impactando contra un camión que estaba estacionado. A falecida, que era veciña de Viveiro, viaxaba no asento do copiloto. Foi necesaria a intervención dos bombeiros para sacar a vítima. Os dous feridos son o condutor e unha persoa que ocupaba o asento traseiro.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha