Morre unha muller ao bater a súa embarcación contra unha batea en Arousa

0 minutes read

A muller falecida navegaba nunha embarcación pneumática zodiac de tres metros e medio de eslora con outra persoa que quedou ferida. Tras o accidente, Salvamento Marítimo evacuou ás vítimas ata o porto de Vilanova de Arousa. Foi un dos implicados o que deu aviso aos servizos de emerxencia. Ademais, os xestores do 112 Galicia requiriron a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaron unha ambulancia ata o peirao, da Policía Local, da Garda Civil, dos Bombeiros do Salnés e tamén dos efectivos de Protección Civil da localidade.