Morre unha muller atropelada por un tráiler no centro da Coruña

0 minutes read

O accidente ocorreu arredor das dez e media da mañá deste martes no cruzamento da avenida de Finisterre con Rolda de Nelle. O cadaver da muller quedou tendido a preto do paso de peóns regulado por semáforos, polo que se supón que estaba cruzando a vítima.

A muller morreu no momento do atropelo; quedara sepultada debaixo da cabina do camión. Para liberar a vítima foi necesario levantar a cabina tractora. 

As investigacións céntranse agora en saber se o semáforo estaba en verde ou en vermello para os peóns.