33
O 112 recibiu o aviso dun particular de que a condutora e única ocupante dun turismo accidentado estaba gravemente ferida. A vítima é unha muller de 33 anos, veciña de Barbadás. Circulaba en dirección Celanova, pero saíuse da vía nunha curva e bateu contra unha caseta de bloques dos contadores da luz. Hai unha sucesión de curvas onde a velocidade está limitada a 90 quilómetros por hora. Segundo confirmou a Garda Civil, a moza levaba posto o cinto de seguridade, e unha testemuña asegura que non circulaba a unha velocidade excesiva. Trátase, segundo advirten os veciños da zona, dun treito conflitivo da OU 540.