Unha muller, M.J.L.M de 58 anos de idade, morreu este martes ao ser atropelada na Laracha, segundo informou o 112. O suceso produciuse ás 8 da mañá no kilómetro 19 da AC-552, no lugar das Rañeiras, en Lestón, onde un vehículo atropelou a vítima tal e como alertaron varios particulares.
Ata o lugar mobilizáronse aos servizos sanitarios, que só puideron confirmar o falecemento da muller; os bombeiros de Bergantiños, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e Protección Civil da Laracha, así como aos operarios de conservación da estrada.
Pola súa banda, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladou ata o punto unha ambulancia de soporte vital avanzado e un equipo de Atención Primaria do centro de saúde da localidade, que atendeu un home de 24 anos, o condutor do vehículo, que ao parecer sofre lesións leves.
As forzas de seguridade tratan de esclarecer o ocorrido, a muller levaba posto chaleco reflectante, pero presuntamente podería tratar de cruzar a vía por un lugar non habilitado.