Morre unha muller de 90 anos atropelada por un coche en Lalín


Unha muller faleceu este martes en Lalín atropelada por un coche, segundo informa o servizo de emerxencias 112. O sinistro produciuse na estrada PO-533, que vai desde a capital do Deza ata Rodeiro. A pesar do traballo dos servizos médicos desprazados ata o lugar do accidente nada puideron facer para salvarlle a vida. A vítima tiña 90 anos. Ata o lugar ademais dos profesionais sanitarios desprazáronse decontado os axentes de Tráfico, tras ser alertados polo 112 Galicia. Tamén foron informados os Bombeiros do Deza, os axentes da Policía Local e os membros do GES de Lalín.