Morre unha muller en Baiona arrastrada por unha onda cando facía fotos

1 minutes read

Un particular chamou á central de emerxencias ás tres menos vinte e cinco da tarde deste xoves para avisar de que fora testemuña de como unha persoa que estaba nas rocas caera á auga. A vítima, unha turista alemá de 85 anos, estaba facendo fotografías cando caeu ao mar arrastrada por unha onda.

Desde a central de emerxencias mobilizouse a Salvamento Marítimo, a Gardacostas, Urxencias Sanitarias 061, a Garda Civil, a Policía Local e o Grupo Acuático do GES do Val Miñor.

Con todo, pouco despois o 112 Galicia recibiu a chamada doutro particular para advertir de que atopara a unha muller na area da praia da Cuncheira, moi preto da fortaleza de Baiona. Os servizos de emerxencia desprazáronse ata o punto, pero non puideron facer nada por salvarlle a vida á muller.