Morre unha muller en Teo tras caer dun segundo piso

Ambulancia medicalizada

Unha muller perdeu a vida este domingo tras precipitarse dende o segundo andar dun edificio situado na Travesía de Montouto, en Teo. Segundo trascendeu, en principio non atoparon signos de violencia na falecida, aínda que as forzas da orde traballan para esclarecer o acontencido nunha das zonas urbanas máis poboadas do citado municipio, cun censo que ronda os 1.500 veciños. Ocorreu ao fío das 11.30 horas, e acudiron ata o lugar dos feitos efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como axentes da Garda Civil e da Policía Local de Teo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha