Morre unha muller na Laracha ao envorcar o tractor que conducía

1 minutes read

A vítima quedou atrapada debaixo do vehículo agrícola nunha leira de San Fins, na parroquia de Montemaior. Ata o lugar dos feitos acudiron os Bombeiros de Carballo, para liberar o corpo sen vida da muller, aínda que, a súa chegada, estaba accesible. O persoal mobilizado de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 tan só puido confirmar o seu falecemento. Tamén se desprazaron ao punto os axentes da Garda Civil e da Policía Local, así como os voluntarios de Protección Civil da Laracha, tras ser alertados polo 112 Galicia, que recibiu a alerta do accidente pasados uns minutos das 20:00 horas deste mércores, a través dun particular.