Morre unha muller na praia de Sada

1 minutes read

O cadáver dunha muller foi recuperado este sábado pasadas as tres da tarde na praia de Sada por un particular que a localizou aboiando no mar e a levou ata a beira. O home avisou ao 112 do suceso coa alerta de que a vítima flotaba boca abaixo na auga. Especúlase se un infarto ou un golpe de calor, puidesen estar detrás da traxedia.

A zona onde apareceu o corpo está situada fronte ao Concello de Sada ata onde se trasladaron os servizos de emerxencias, pero malia que se avisou tamén a Salvamento Marítimo e a Gardacostas tan só puideron certificar a súa morte.