Morre unha muller na praia dos Muíños en Muxía


Unha muller de 79 anos morreu na tarde deste sábado na praia dos Muíños, en Muxía, logo de sufrir unha indisposición mentres paseaba pola beira do mar.
Malia que outras persoas que estaban na praia avisaron inmediatamente ao 112, os servizos de emerxencias non puideron facer nada por salvarlle a vida.
A muller era moi coñecida e prezada na vila xa que, ademais de ser veciña, foi durante moito tempo mestra na antiga escola da Camposa.

O 112 Galicia recibiu a alerta da situación da muller a través de varias persoas particulares. Deseguido, pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Salvamento Marítimo, á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Muxía.