Morre unha muller no incendio dunha vivenda en Santa Comba

1 minutes read

Unha muller foi atopada sen vida no interior da súa vivenda, que se viu afectada por un incendio no lugar de Illa, en Santa Comba. Alertados polo 112 Emerxencias Galicia, preto das seis da tarde, ao lugar acudiron de urxencia os sanitarios do 061, os bombeiros de Santa Comba, a Garda Civil, Policía Local e Protección Civil de Santa Comba. Un particular daba o primeiro aviso comunicando que había unha persoa no interior do inmoble. Unha vez no punto, os Bombeiros apagaron as lapas, que afectaron á cociña, e a muller, que estaba sentada preto desta estancia, foi atopada falecida polos servizos de emerxencias que se desprazaron ata o lugar.