Morre unha muller nun choque entre un turismo e un camión en Quiroga

1 minutes read

Unha muller perdeu a vida e un home resultou ferido este mércores ao colidir o coche no que circulaban contra un camión avariado na N-120, ao seu paso por Quiroga, o condutor do camión resultou ileso despois do impacto. O sinistro tivo lugar nun treito recto con boa visibilidade e na calzada non quedaron marcas de freada. Mentras tráfico aínda está a investigar as causas do accidente, barállase un descoido do condutor, que o sol o cegase ou que a presenza do camión na beiravía non estivese suficientemente sinalizado. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, os servizos de intervención excarceraron á muller falecida, ao quedar atrapada no interior do turismo por mor do choque.

Foi unha persoa particular quen alertou ao 112 Galicia do sinistro. Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Quiroga e do Folgoso do Courel, dos Bombeiros de Monforte de Lemos, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Quiroga e dos axentes da Policía Local e da Garda Civil. A pesar dos esforzos, os efectivos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida á muller accidentada.