Unha nena de 10 anos morreu tras caer mentres ía nun patinete nunha rúa da localidade coruñesa de Oleiros. O accidente, ocorrido o domingo pasado, produciuse cando a rapaza caeu cara atrás e golpeou a cabeza contra o asfalto. Tras varios días ingresada no Materno Infantil, faleceu. A nena formaba parte da selección galega infantil de taekwondo.