Morre unha nena de tres anos por coronavirus en Bélxica

1 minutes read

As autoridades sanitarias belgas informaron este venres da morte recente dunha nena de tres anos a causa do coronavirus, un deceso que se produciu «hai uns días» e cuxa infección pola Covid-19 foi confirmada con probas de laboratorio, segundo informaron nun comunicado as autoridades, que precisan que a paciente presentaba «patoloxías graves».

Nas mesmas datas tamén morreu outra persoa de 18 anos. «Está claro que é raro que a enfermidade mate persoas mozas pero ninguén é inmune. Non se pode negar que o coronavirus segue presente», declarou nunha confernecia de prensa uno dos portavoz do Servizo de Saúde Pública, Boudewijn Catry.