19
Unha parella de Sada faleceu nun aparatoso accidente rexistrado na madrugada deste domingo en Valladolid. Foi nun choque frontal entre dous camións na A-6, dirección A Coruña, á altura de Villanueva de los Caballeros.
Un dos vehículos saltou a mediana e invadiu o sentido contrario. Tras a colisión, incendiáronse case por completo. Morreron os dous ocupantes dun dos camións, un home e unha muller de Sada que compartían profesión e viaxaban xuntos.
O condutor do outro vehículo pesado quedou ferido de gravidade e foi trasladado a un centro hospitalario.