O 112 Galicia recibía dez minutos antes das doce e media do mediodía deste sábado o aviso por parte do persoal sanitario, que solicitaban axuda para liberar a unha persoa á que lle caera unha árbore enriba, cando facía traballos nunha finca da súa propiedade na parroquia de Xaviña.
Con estes datos, desde o 112 pasouse aviso aos Bombeiros de Cee, que finalmente non chegaron a intervir, posto que, a persoa estaba liberada. Así o indicaron os servizos sanitarios cando novamente contactaron co 112 para confirmar o falecemento desta persoa, un veciño do lugar de 82 anos de idade.
Ademais dos Bombeiros de Cee tamén foron informados polo 112 Galicia os axentes da Garda Civil e os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade, pero nada se puido facer por acudirlle ao accidentado.