Morre unha persoa en Maside despois de ser alcanzada por un tren

Emergencias 112

  • O suceso tivo lugar nun túnel, nunha zona de difícil acceso, sobre as 17:00 h deste luns

Unha persoa faleceu na tarde deste luns despois de ser alcanzada por un tren de mercancías -que facía a ruta entre Taboadela e Pontevedra- á altura do concello de Maside (Ourense).

O 112 Galicia tivo constancia do suceso dez minutos antes das 17:00 horas. Foi nese momento cando o mesmo persoal de Adif comunicou á central de emerxencias que un convoi alcanzara a unha persoa no punto quilométrico 275 da vía, moi próximo á estación de Maside. Indicaban ademais que o accidente se producira nun túnel, nunha zona de difícil acceso.

No operativo tamén colaboraron o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros do Carballiño-O Ribeiro e a Garda Civil. As forzas da orde tratan de aclarar as circunstancias do suceso.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha