39
Un motorista faleceu este mércores tras chocar contra un coche no punto quilométrico 14 da estrada N-651, no municipio de Miño (A Coruña), arredor das dúas e media da tarde.
Segundo informou o 112 Galicia, o impacto causou a morte do motorista, mentres que os ocupantes do turismo non sufriron danos.
Ata o lugar do accidente desprazáronse o servizo de urxencias 061, os Bombeiros de Betanzos e a Garda Civil.