Morren 27 anciáns nunha residencia belga na que se celebrou unha festa

Xa son 27 os anciáns falecidos por un brote de COVID-19 nunha residencia de Bélxica. E é que este ano San Nicolás puido non só levar agasallos e alegría, senón tamén coronavirus. O brote na residencia Hemelrijck, na cidade norteña de Mol, xurdiu tras a visita do querido personaxe, o 4 de decembro, que non sabía que estaba infectado. Para os moradores da residencia e os seus familiares son momentos difíciles. Segundo as últimas cifras, 88 residentes e 42 traballadores están contaxiados. Aínda que a investigación non foi concluínte, sobre se foi o voluntario vestido de San Nicolás quen levou o virus á residencia, tanto a municipalidade como os familiares dos anciáns criticaron que se organizase a festa de San Nicolás en plena pandemia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha