0
O Goberno do Perú confirmou a morte de 27 persoas no incendio dunha mina producido na rexión de Arequipa. A Presidencia peruana indicou que os ministerios do Interior e Defensa “traballan desde o inicio desta traxedia no rescate e traslado dos corpos” na mina Yanaquihua Esperanza I, onde un curtocircuíto provocou o incendio, segundo o dono do xacemento. A mina pertence a Yanaquihua S. a. C., que reúne a pequenos produtores mineiros dedicados á explotación do ouro e outros metais, indica a compañía na súa páxina web.