Morren cada día 10 persoas en Galicia por causas relacionadas co tabaco

dpm.

  • Este venres celebróuse o Día Mundial sen Tabaco.

Dez persoas morren cada día en Galicia por causas directamente relacionadas co tabaco, e entre un 10 e un 20% dos fumadores que se senten sans sofren, sen sabelo, obstrución pulmonar crónica. Este venres, Día Mundial sen Tabaco, os médicos intentan convencelos para que deixen de fumar.

O departamento de Neumoloxía do complexo hospitalario de Santiago analizou no último mes sesenta fumadores aparentemente sans e detectou trece casos de obstrución pulmonar, EPOC, unha doenza grave se non se diagnostica a tempo.
«Estamos vendo que un 10-20% das persoas ás que se lles fai unha espirometría que fumador sen síntomas respiratorios resulta que ten unha obstrución respiratoria crónica», di Carlos Rábade, neumólogo responsable da consulta antitabática do Complexo Hospitalario de Santiago

Agora realizan as mesmas probas a fumadores voluntarios para advertirlles de que teñen os pulmóns afectados, intentar convecelos de que deixen o tabaco e danlles pautas que poidan axudalos.

«O fumador, ao ver que ten deteriorada a súa función pulmonar, motívase para facer un intento de abandono»
«Non ter tabaco nin cinceiros ni acendedor, nada que recorde o tabaco.
Cafe e alcol tiran moito do tabaco, é importante que o vaian reducindo», engade Rábade.

Os neumólogos lembran que o tabaco é a primeira causa de mortalidade evitable.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha