45
Catro persoas faleceron e unha atópase ferida de gravidade nun accidente de circulación rexistrado este sábado no municipio de Xove. Segundo informa a Garda Civil, o sinistro produciuse ás 9:40 horas no punto quilómetro 1,1 da estrada LU-P-2604, á altura da urbanización Palmeiro. Un turismo, no que viaxaban cinco persoas, sufriu unha saída da vía e caeu por un barranco. O condutor foi o único sobrevivente. Os falecidos son unha moza de 17 anos e outros tres mozos, dous homes e unha muller de 18.