Traxedia no Cáucaso Norte de Rusia. Cinco alpinistas morreron e catorce foron rescatados ao sorprenderlles unha xistra no monte Elbrus que cos seus 5.642 metros é o pico máis alto de Europa. As cousas complicáronse cando o grupo de 19 escaladores atopábase a máis de 5.000 metros de altitude. Os alpinistas rescatados no monte Elbrus son trasladados ao hospital de Nalchik. O grupo contaba con catro guías profesionais para o ascenso que nomalmente non presenta gran dificulad. Durante o ascenso, unha das escaladoras sentiu mal e regresou cun dos guías. Máis tarde morreu «nos seus brazos» segundo a empresa de guías. O resto do grupo continuou ata a cima, pero unha «tormenta sen precedentes» sorprendeulles no descenso. Un deles rompeu unha perna, o que atrasou aínda máis ao grupo, dous morreron conxelados e outros dous perderon o coñecemento e morreron. Os guías e algúns dos participantes foron hospitalizados por conxelación no hospital de Nalchik.
46