Morren dous irmáns ao chocar unha moto cun turismo en Cangas

1 minutes read

Tráxico accidente en Cangas do Morrazo, onde faleceron dous irmáns de 20 e 27 anos tras bater a moto en que ían contra un turismo. Sucedeu no Camiño Vello de San Roque. Foi un veciño o primeiro que saíu auxiliar os falecidos.

Os mozos baixaban nunha moto de cros por unha pista estreita e só un deles levaba casco. Os dous eran veciños da zona.

Ata o lugar acudiu a Policía Local, a Garda Civil, o 061 e membros de Protección Civil. A condutora tivo que ser atendida por unha crise de ansiedade. A Garda Civil investiga as causas do accidente. O maior dos irmáns tiña dous fillos pequenos.