A Policía de Israel indicou este sábado que «se abriu unha investigación sobre as circunstancias dun accidente de tráfico mortal ocorrido nos túneles da ruta 60, no que dous traballadores de nacionalidade española resultaron feridos por un vehículo que pasaba e, tras os esforzos dos equipos médicos para mantelos con vida, ambos resultaron mortos». Tras as pescudas, determinouse que unha das vítimas mortais é de Vigo. Un home duns 50 anos de idade que levaba varios anos de traballo en distintos países dentro do sector das obras públicas. O outro traballador, de 43 anos, de orixe caboverdiana, residía en Ponferrada e teríase desprazado a Israel cun contrato de traballo.