Morren dúas mulleres da residencia de Outeiro de Rei, onde xa ascenden a 19 os falecidos


Esta residencia é o lugar máis preocupante arestora na provincia de Lugo. Hai 139 internos afectados, e 19 deles están ingresados no hospital lucense. Tamén hai 24 traballadores que deron positivo. O Sergas realizou novas probas, pero de momento non deron a coñecer os resultados.

En toda a provincia volveron subir os casos activos. Hai dez máis ca na xornada anterior e xa suman 640.

Segundo os datos facilitados polo Sergas, tamén subiron os ingresos na Uci, con sete enfermos no HULA e 29 na planta de hospitalización.

Outros nove están ingresados no Polusa. Son residentes da unidade do maior deste policlínico, onde se detectou un gromo hai uns días.