Morren dúas persoas en Muros tras caer co seu coche ao mar

1 minutes read
  • Os outros dous ocupantes, que lograron saír da auga a nado, resultaron feridos

Tráxica madrugada en Muros con dous falecidos e outros dous feridos despois de que un coche caera ao mar nas inmediacións do porto. O incidente produciuse arredor das 04:45 horas, momento no que un particular alertou ao 112 para pedir axuda e sinalar que dúas persoas lograran saír a nado do turismo.

Ata o lugar dos feitos acudiron os servizos médicos, os Bombeiros de Cee, a Garda Civil de Tráfico e membros do GES de Muros que, coa colaboración de varias persoas, lograron sacar aos dous ocupantes que permanecían dentro do coche afundido. A pesar de ser atendidos polos sanitarios, non se puido facer nada por salvarlles a vida.

As vítimas que conseguiron saír do vehículo foron trasladadas polo 061 ao Hospital Clínico Universitario de Santiago.