Unha avioneta caeu sen control desde unha altura de 150 metros. Sucedeu ao redor do mediodía deste domingo no aeródromo de La Iglesuela, en Toledo, a penas uns minutos despois de engalar con dúas persoas a bordo. Ata o lugar desprazouse un helicóptero medicalizado, un facultativo de urxencias e unha ambulancia pero non puideron facer nada máis que certificar o falecemento dos ocupantes da avioneta. Son o instrutor, de 59 anos, e o alumno, de 18. Os dous corpos quedaron atrapados e os bombeiros tiveron que liberalos. Agora investigan as causas do accidente. Ao parecer, minutos despois de saír soltouse un cable e o aparello caeu en picado. Este sinistro produciuse un mes despois de que dúas persoas, un home de 65 anos e a súa sobriña de 23, tamén morresen ao esnafrarse outra avioneta.