- O suceso produciuse sobre as 16:45 horas desta tarde
Un incendio declarado nunha explotación de polos na parroquia ourensá de Vilar de Astrés acabou coa vida de máis de 10.000 aves.
O lume iniciouse ás 16:45 horas deste xoves e foron varias as persoas que alertaron do suceso ao 112 Galicia, desde onde se puxo a situación en coñecemento dos Bombeiros de Ourense, dos axentes da Policía Nacional e Local e dos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por se fose precisa a súa intervención.
Os traballos de extinción do lume duraron dúas horas e foi necesario empregar dous vehículos autobomba cunha capacidade total de 10.000 litros de auga.