Un neno de 10 anos e a súa avoa morreron este venres en Járkov, ao nordés de Ucraína, nun novo bombardo ruso. O ataque deixou polo menos 28 feridos e ten lugar un día despois de que outro bombardeo matase a máis de cincuenta persoas na cidade de Hroza. Entre os feridos atópase outro neto da muller falecida, de tan só 11 meses.
«O corpo dun neno morto duns 10 anos foi descuberto nunha habitación do terceiro piso. As operacións de procura continúan», Yevhen Vasylenko, voceira do Servizo Estatal de Emerxencias na rexión de Járkov.
Segundo as Misión de Vixilancia das Nacións Unidas, identificouse a 35 das 52 persoas que muerieron no bombardeo deste xoves. Se trada de 19 mulleres, 15 homes e neno de tan só oito anos. Entre eles había tamén un soldado ucraíno que acudía ao funeral.